sábado, julio 26, 2025
InicioNewsActualidadeA cidade de Tui recibe a visita do touroperador TUI Group

A cidade de Tui recibe a visita do touroperador TUI Group

Marie Vandesplassche, parte do equipo de Relacións Gobernamentais de TUI Group, principal touroperador turístico europeo, achegouse á cidade de Tui para manter unha xuntanza co alcalde tudense, Enrique Cabaleiro, e a concelleira de Turismo, Ana María Núñez. Este encontro dá continuidade ao que mantiveron o pasado mes de xaneiro os responsables municipais tudenses co CEO de Tui group, Sebastian Eben, en Fitur 2025.

A visita enmárcase nos contactos que están abertos entre o concello tudense e a multinacional turística que comparten o mesmo nome co obxectivo de cooperar conxuntamente na promoción turística da cidade e o seu territorio, cunha alianza estratéxica entre ambas entidades que frutificará nos vindeiros meses coa presentación dun avión co nome de «Cidade de Tui», por parte da compañía internacional.

No encontro que mantiveron, a representante de Tui Group confirmou o compromiso da empresa, con sede en Alemaña e que opera en máis de 100 destinos, para divulgar a través da súa area de negocio todos os recursos patrimoniais e turísticos que ten o concello de Tui, entre outras iniciativas de colaboración conxunta a través dos proxectos que promove The TUI Care Foundation nos diversos ámbitos de desenvolvemento sostible relacionados co sector turístico.

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, agradece a visita da responsable de Relacións Gobernamentais de TUI Group que testemuña o compromiso deste grupo turístico de colaborar conxuntamente co Concello de Tui en materia de promoción e desenvolvemento turístico, onde o noso Concello pode atopar importantes oportunidades para afondar no crecemento do sector turístico local e na creación de novos produtos turísticos que contribúan ao crecemento da oferta turística da cidade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS