miércoles, julio 23, 2025
InicioNewsActualidadeVilagarcía cancela o concerto de Mägo de Oz

Vilagarcía cancela o concerto de Mägo de Oz

O Concello de Vilagarcía de Arousa vén de anunciar que «non seguirá adiante» co proceso de contratación da banda Mägo de Oz para as festas de San Roque tras ter pedido na tarde de onte unha rectificación sobre as declaracións dun dos compoñentes.

Ao tempo, o goberno local xa anunciou o que será a banda sustituta para a noite do 19 de agosto: o grupo Los Toreros Muertos, liderado por Pablo Carbonell.

O goberno local vilagarciá solicitou á banda unha rectificación tras unhas declaracións dun dos compoñentes nas que se refería á prostitución e ás drogas «dunha maneira frívola e disfrazado de pretendido humor», aseguran.

Así, tras non chegar a un acordo, o Concello de Vilagarcía paraliza o proceso de contratación coa mítica banda Mägo de Oz para dar paso a Los Toreros Muertos que interpretarán temas coñecidos como «Mi agüita amarilla» ou «Yo no me llamo Javier».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS