Martes, Xaneiro 27, 2026
HomeNewsComarcasVigo inicia os trámites para implantar a taxa turística na cidade

Vigo inicia os trámites para implantar a taxa turística na cidade

O Concello de Vigo inicia os trámites para implantar a taxa turística na cidade. Así o vén de anunciar o alcalde Abel Caballero nunha conferencia de prensa na que indicou que “creo que é bo que desde o sector turístico se contribúa ao benestar da cidade“. En todo caso, será un proceso “dialogado”, segundo explicou o rexedor.

Caballero indicou que mantivo xa dúas reunións coa asociación que aglutina aos hosteleiros de Vigo, Ahosvi, e explicou que a iniciativa partiu destes representantes do sector. Con todo, aínda non está decidida a coantía desa taxa turística que “a normativa galega fixa como tope nos 2,50 euros” polo que “haberá que decidilo en función do establecementos”, destinguindo entre pensións, hoteis ou apartamentos turísticos.

A taxa afectará ás case 5.000 prazas hoteleiras que existen na actualidade na cidade e ás 11.000 vivendas turísticas. Tamén aos cruceiristas. O alcalde Abel Caballero explicou que “a recadación non será significativa nos orzamentos, pero é bo que se achegue ao benestar da cidade desde o sector turístico”. Avanzou que “será unha taxa razoable” para Vigo.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS