jueves, julio 24, 2025
InicioNewsO sector hoteleiro en Galicia superan os 165 millóns de euros no...

O sector hoteleiro en Galicia superan os 165 millóns de euros no primeiro semestre de 2025

A comunidade galega vén de alcanzar varios fitos históricos nos indicadores turísticos do sector hoteleiro rexistrados o pasado mes de xuño cando por primeira vez superou o millón de noites acadando 1.011.613 noites realizadas polos 573.849 visitantes dese mes. Isto tradúcese nun incremento do 5% en demanda turística e do 7,5% en número de visitantes; nos dous casos por riba das medias nacionais, que se sitúan no 2,1% e no 3,3%, respectivamente.

Estas boas cifras tamén se trasladan ao bo rendemento económico ao confirmar que no que vai de ano, de xaneiro a xuño, o sector hoteleiro galego obtivo uns ingresos nominais de 165,5M€, un 4,3% máis que nos seis primeiros meses de 2024. Só o pasado xuño, o sector ingresou 46,9M€, un 9,3% máis que en xuño do pasado ano.

Así o recollen os datos feitos públicos hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE), que dan conta tamén de que a demanda turística repártese nun 65% para o mercado nacional – un 45% para os visitantes españois doutras comunidades e un 20% para os residentes en Galicia- e nun 35% para o mercado internacional, que medra, á súa vez, o 10% con respecto aos valores acadados en xuño de 2024.

Segundo explican desde a Xunta de Galicia, «os datos revelan tamén como os visitantes elixiron o norte para visitar, ao situarse Galicia no grupo de comunidades con mellor rendemento turístico, tanto en número de turistas como en noites. Estas foron País Vasco, A Rioxa, Cantabria, Navar».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS