O Festival de Cans formará parte do listado de certames de prestixio que puntuarán para a selección de finalistas dos Premios Goya, na vindeira edición de 2026 que terá lugar en febreiro en Barcelona. A decisión foi comunicada esta semana pola Academia de Cine Español que preside Fernando Méndez-Leite á organización do certame, despois da reunión que a Xunta Directiva desta entidade mantivo para analizar a traxectoria histórica dos eventos.
Esta distinción supón un gran recoñecemento á traxectoria do certame e ao traballo da organización, ao mesmo tempo que suporá unha gran proxección para as novas e novos cineastas que Cans busca visibilizar. Do mesmo xeito, Cans marca un fito ao ser o único festival de España que se celebra nunha zona rural que calificará para os Premios Goya.
Cada curta seleccionada na competición oficial de Cans sumará 1 punto e cada curta premiada sumará 3 puntos ata completar un listado cunha preselección de 15 curtametraxes entre os que os académicos elixirán aos finalistas.