jueves, julio 24, 2025
InicioNewsComarcasMúsica, mar e gastronomía: Volve "A Recalada" a Soutomaior para poñer en...

Música, mar e gastronomía: Volve «A Recalada» a Soutomaior para poñer en valor a esencia mariñeira

O alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, a concelleira de Promoción económica, Rosana Comesaña e representantes da Confraría de Arcade, da Asociación de Mariscadoras de Arcade, da Federación Galega pola Cultura Marítima e Pluvial (Culturmar) e da Asociación de baile e a música tradicional galega (AGG) presentaron nesta xornada a segunda edición deste encontro do mar que se desenvolverá ao longo de toda a xornada do sábado 16 de agosto na zona do Peirao de Arcade. 

Segundo explican desde o Concello, «a tradición mariñeira do concello de Soutomaior vén de lonxe, séculos de historia patentes a través dun xeito de vida que, aínda que algo modificado, chega ata os nosos días, e que se pode apreciar, a través da rica gastronomía da zona e da vinculación que a economía local ten co mar, xa ben sexa a través da gastronomía ou a través do desenvolvemento das artes de pesca e dos oficios do mar».

O mar de Arcade

Tal e como dixo nesta xornada o alcalde do municipio, Manu Lourenzo, «música, gastronomía e convivencia forman parte deste evento onde pretendemos poñer en valor o mar de Arcade, un mar que é tradición, historia e que ten un enorme potencial que debemos preservar, poñer en valor e dar a coñecer a todas as xeracións que están por vir» 

Durante a xornada do 16 de agosto haberá actividades relacionadas co mar, o turismo sostible, as artes de pesca, a artesanía local, a gastronomía, a música popular nunha programación que contará con navegacións, concertos, exposicións, animación na rúa, artesanía, exposicións, obradoiros e actividades para a cativada e para todas as idades.

Manu Lourenzo quixo agradecer «a todas as persoas que fan posible un encontro como este, onde o principal traballo é a sensibilidade e o coidado de todo o que implica o mar e todo o seu valor material e inmaterial».

Na xornada do sábado 16 de agosto, coa Recalada, xogará un papel moi importante a colaboración de entidades como Culturmar, o Clube náutico de Arcade, a Confraría de Arcade, a asociación de mariscadoras, a Asociación de baile e a música tradicional galega (AGG) ou a de colectivos como os de artesanía e comercio local, entre outros moitos; «que un no máis colaboran neste evento tan singular impregnado da esencia coa que os galegos e as galegas contamos cando nos xuntamos para compartir e gozar do vivido e do que queda por vir».

Unha cita que contará co izado das velas, cunha feira de artesanía local, cunha zona gastro- Navy Bar, con obradoiros para as e os máis pequenos da casa, con sesión vermú a cargo de “Abeleiras de Alaxán” e “Chispas do Lérez” e co concerto a noitiña dos “Carunchos” e a celebración cun fin de festa cunha “Fiada” á que todas e todos están convidados. Todo na compaña de visitas guiadas das embarcacións e cunha 

Inscricións

Para as actividades con inscricións previa, indicadas no programa, o prazo ábrese mañá, xoves 24 de xullo, a partir das 21:00h. e pechararse o 13 de agosto ás 14:00h. As actividades con inscrición previa son a navegación e degustación a bordo do “Balardo de Santa Cruz” e os paseos en caiac. 

Máis información sobre todoa a programación en www.soutomaior.gal e para inscricións en liña en https://soutomaior.gal/actividades/

Programación A Recalada 2025 en Soutomaior

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS