jueves, julio 24, 2025
InicioNewsLa Vuelta despidirase de Galicia saíndo por primeira vez desde o Barco...

La Vuelta despidirase de Galicia saíndo por primeira vez desde o Barco de Valdeorras

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou hoxe na presentación da popular competición ‘La Vuelta’ que, co apoio da Xunta, este 2025 se desenvolverá do 23 de agosto ao 14 de setembro e que estará composta en total por 21 etapas que cubrirán unha distancia de 3.151 quilómetros. 

Durante a presentación, o director de Turismo de Galicia salientou “o potencial dos eventos deportivos como escaparates para achegar os recursos turísticos da terra a un novo público, tal e como recolle a Estratexia 2030”. 

Xosé Merelles lembrou tamén a achega do turismo deportivo ou turismo activo á comunidade, destacando que “se trata dunha modalidade que moi frecuentemente se integra con outras propostas, como o turismo de natureza, o rural ou o enogastronómico”. Ademais, incidiu na modalidade do cicloturismo, unha oportunidade estratéxica para a aposta de Turismo de Galicia pola diversificación e sostibilidade na oferta.

Impacto mediático de La Vuelta en Galicia

O director de Turismo salientou o importante impacto mediático de eventos deportivos desta magnitude subliñando que contribúen a “reforzar nacional e internacionalmente Galicia como destino”. Así, salientou os máis de 17 millóns de espectadores que viron a proba nalgún momento por televisión e os 23 millóns de visitas á web oficial. “É unha proba que se sigue en máis de 180 países”, dixo.

Etapas en solo galego: Cando pasa La Vuelta?

Do total das 21 etapas que compoñen esta edición de La Vuelta , tres desenvolveranse por solo galego. En concreto, o paso por Galicia deste certame será entre o 7 e o 10 de setembro. O día 7, na etapa 15, o grupo de competidores entrará na comunidade desde Asturias, no tramo A Veiga/Vegadeo-Monforte de Lemos. 

Tras dunha xornada de descanso, a competición retómase o día 9 coa etapa 16, que vai de Poio a Mos -rematando en concreto no Castro de Herville-. O día 10 de setembro, ‘La Vuelta’ despídese da comunidade galega coa etapa 17, que por primeira vez sairá desde O Barco de Valdeorras para chegar, 143 quilómetros despois, ao Alto de El Morredero, xa en Ponferrada.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS