O Concello de Ponteareas informa que abre o prazo para que o comercio local se inscriba na primeira feira de oportunidades organizada polo Concello que ofrecerá produtos de calidade aos mellores prezos. O “Ouletea” celebrarase o vindeiro venres día 8 de agosto e sábado día 9 de agosto nas rúas Esperanza e Oriente con actividades de animación na Praza Bugallal e na Praza Maior para ambientar estas xornadas de compras e tempo compartido.
Co obxectivo de visibilizar os produtos do comercio local, dinamizar a economía e promover actividades nas que socializar a concellería de Comercio organiza esta primeira feira de oportundiades. Os comercios de Ponteareas interesados en participar deben solicitalo por rexistro de entrada. O “Ouletea” terá lugar o día 8 en horario de 20:00 a 24:00 horas e o día 9 de 09:00 a 22:00 horas.
