miércoles, julio 23, 2025
InicioNewsGalicia reforza a vivenda pública con 2.900 vivendas en marcha

Galicia reforza a vivenda pública con 2.900 vivendas en marcha

A Xunta de Galicia ten en marcha 2.886 vivendas de promoción pública en diferentes estados de tramitación. Así se deu conta na reunión celebrada hoxe no Observatorio da Vivenda de Galicia (IGVS), presidida pola conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto ao secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, onde tamén se presentou o balance de execución do Pacto de Vivenda de Galicia para o período 2021- 2024.

Das 2.886 vivendas que está a impulsar o Goberno galego, 2.689 son fogares de nova construción, 115 rehabilitados ao abeiro do Programa Rexurbe e 82 foron adquiridas polo Instituto Galego de Vivenda e Solo. O investimento suma máis de 220M€.

O Goberno galego ten 1.808 novas vivendas en fase de redacción de proxecto, 56 teñen as obras licitadas e 825 fogares en construción, por un importe de 206M€. Con respecto aos fogares que se están a rehabilitar, 75 están en fase de redacción de proxecto, 22 teñen xa a obra licitada e 18 están xa en construción.

Por provincias, a Xunta ten en marcha 771 vivendas na Coruña, 651 en Lugo, 75 en Ourense e 1.307 en Pontevedra.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS