Julio Sancristán, ex alcalde socialista dende 1983 ata 2017 na vila de Culleredo, faleceu este martes aos 71 anos de idade tras ser diagnosticado en 2021 de cancro de pulmón. Foi nese mesmo ano cando o persoeiro público deixou escrita a súa biografía política no libro Culleredo, mi pasión.
O presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela lamenta «profundamente en nome do municipalismo galego, a morte de Julio Sancristán, alcalde de Culleredo durante 34 anos e que tivo un papel clave no desenvolvemento do concello».
Alberto Varela quixo amosar «a súa dor pola perda de Julio Sacristán e achegar dende a FEGAMP todo o agarimo á súa familia, ás súas amizades, e a todo o municipalismo cullerdense nestes tristes momentos».