miércoles, julio 23, 2025
InicioNewsActualidadeAllariz prepárase para acoller o XXXIII Tríatlon Vila de Allariz en agosto

Allariz prepárase para acoller o XXXIII Tríatlon Vila de Allariz en agosto

O Concello de Allariz, en colaboración coa Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno, organiza unha nova edición do Tríatlon Vila de Allariz, que terá lugar o próximo sábado 23 de agosto de 2025, a partir das 18:00 horas.

Esta XXXIII edición disputarase na modalidade sprint, consistente en 750 metros de natación, 24 quilómetros de ciclismo e 5.000 metros de carreira a pé. A participación está limitada a 125 deportistas, aos que se suman 25 prazas reservadas pola organización.

Na presentación oficial do evento participaron a alcaldesa de Allariz, Cristina Cid, e o concelleiro de Deportes, Carlos Puga, e o coordinador deportivo municipal Javier López, os cales destacaron o gran valor desta proba no calendario deportivo local, tanto polo seu nivel competitivo como pola promoción do deporte ao aire libre.

As inscricións estarán abertas do 1 ao 18 de agosto, ou ata esgotar prazas, e poden facerse a través da web da Federación Galega de Tríatlon. Poderán participar tanto deportistas federados como persoas non federadas, que deberán tramitar unha licenza de un día.

Para os deportistas empadroados en Allariz, a organización reserva 25 prazas especiais, e a súa inscrición deberá facerse mediante correo electrónico a deportes@allariz.gal.

A recollida de dorsais realizarase o día da proba, entre as 16:30 e as 17:30 horas na Alameda de Allariz, seguida do control de material e a reunión técnica.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS