A xuíza do Xulgado de Instrucción número 2 de Tui impón unha fianza de 150.000 euros ao conductor do BMW M4 implicado no grave accidente de tráfico que tivo lugar no corredor do Baixo Miño e no que faleceu o motorista Brais Otero. O detido, de 25 anos de idade e veciño do municipio de Murcia, deuse á fuga tras o suceso polo que se lle imputan delitos de homicidio por imprudencia grave e abandono do lugar do accidente así como omisión de socorro. Finalmente, foi detido este 22 de xullo e a xuíza que instrúe o caso decretou prisión provisional con fianza de 150.000 euros.
Non é a primeira vez que este veciño de Murcia de 25 anos se enfronta a unha causa xudicial relacioanda coa seguridade vial posto que, segundo puido saber o equipo de informativos de Si Radio, o investigado conta con tres condenas firmes. Unha delas tivo lugar en Murcia de características similares ao ocorrido no Baixo Miño, pero sen falecidos. A otra ten que ver coa conducción sen o carné.