A vila de Verín ultíma os preparativos para unha nova edición da súa Festa da Batucada, que se celebrará os días 24, 25 e 26 de xullo, cun completo programa dirixido a públicos de todas as idades e que aposta por unha oferta cultural, musical e lúdica diversa, participativa e ao aire libre.
Así, a festa dará comezo o xoves 24 de xullo ás 11 horas co Desfile Infantil da Batucada na que participarán ao redor de 350 nenos e nenas.
O venres 25 de xullo de 16:30 a 19:30 horas terá lugar a Festa Infantil no Río con hinchables e animación musical. Á noite, de 23 horas a 3 da madrugada, sesión DJ a cargo de DJ Bacardit, Jennifer Cach, Señora DJ e Andria na praza García Barbón.
O sábado 26 de xullo, último día da festa, dará comezo ás 17 horas a festa da escuma e da auga na praza García Barbón con A Gramola Friends. Ás 19 horas adrá comezo o desfile e a batalla de batucadas. A nota final correrá a cargo da sesión DJ con Groove Amigos, Marcos Gramola e Dmiron.

