Domingo, Xaneiro 25, 2026
HomeNewsActualidadeVolve MONDARIR, o ciclo de monólogos de Mondariz Balneario

Volve MONDARIR, o ciclo de monólogos de Mondariz Balneario

Mondariz Balneario volve coa proposta de ocio MONDARIR, un ciclo de humor que leva a risa e o desfrute a todos os veciños e veciñas da vila. Así, neste ciclo xa actuaron no municipio profesionais do humor como Candido Pazó, Leti da Taberna, Vero Rilo ou Ángeles Goás.

O evento terá lugar os días 26 e 27 de xullo na Antiga Lavandería de Mondariz-Balneario e dará comezo ás 21 horas. Deste xeito, o sábado 26 será o turno de Carla Mañas e o 27 actuará Damián Alonso. Carla presentará o seu espectáculo “Superfreak” e Damián será o encargado de dar vida ao monólogo “Ler o prospecto antes de…”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS