lunes, julio 21, 2025
InicioNewsActualidadeO "si quero" bate récord no Porriño: 15 vodas en 15 días

O «si quero» bate récord no Porriño: 15 vodas en 15 días

O Porriño vive un auténtico auxe no número de vodas civís, converténdose nun dos municipios máis demandados da provincia para celebrar enlaces matrimoniais. O alcalde, Alejandro Lorenzo, vén de superar a súa propia marca de carimonias celebradas en tempo récord.

Foi no ano 2023 cando o rexedor oficiara seis vodas en menos de oito horas. Nesta ocasión oficiou sete casamentos en 24 horas, o que supuxo un reto importante, xa que entre varias das cerimonias había moi pouca diferenza horaria. “Foron 24 horas intensas, pero moi gratificantes. Cada voda é distinta e emocionante. Que tantas parellas confíen en min para acompañalas nun momento tan especial é un orgullo persoal e institucional”, explicou Alejandro Lorenzo.

Desde que asumiu a Alcaldía en 2022, Lorenzo oficiou centos de vodas, cunha media anual que ronda o centenar. Oito vodas oficiadas esta fin de semana e o calendario non afrouxa: nestes quince días vai sumar quince cerimonias civís.

O rexedor lembra que leva oficiando vodas desde 2007 como concelleiro, pero foi a partir da súa chegada á Alcaldía cando a demanda se multiplicou. Esta tendencia tamén se explica por medidas adoptadas polo propio goberno local, segundo aseguran.

Ademais das vodas oficiais, en numerosas ocasións tamén se celebran aniversarios de matrimonio como as vodas de prata ou de ouro, para os que tamén se solicita a súa presenza para presidilos.

En 2022, o Concello aprobou a supresión da taxa de 100 euros por oficiar vodas, o que facilitou o acceso a este servizo a todas as parellas. Desde entón, o número de expedientes tramitados non deixou de medrar.

“Cremos nunha administración próxima, útil e que acompañe á veciñanza nos momentos importantes da vida. Casarse no teu Concello, co teu alcalde, sen barreiras nin taxas, é unha mostra máis dese compromiso”, apuntou o rexedor.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS