lunes, julio 21, 2025
InicioNewsActualidadeMos conta con dous novos axentes na Policía Local

Mos conta con dous novos axentes na Policía Local

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, recibiu hoxe no Concello aos dous novos axentes da Policía Local: Miguel Martínez Alonso e Óscar Pérez Teixeira, que se incorporan oficialmente ao corpo municipal.

No caso de Miguel Martínez, que procede do corpo da Policía Nacional, trátase dunha nova incorporación, mentres que Óscar Pérez Teixeira chega a Mos a través dunha permuta co Concello de Soutomaior.

Con estas dúas incorporacións, o cadro de persoal da Policía Local acada os dez efectivos, un número que o Goberno local seguirá ampliando o próximo ano con tres novas prazas tralo acordo acadado o pasado venres para aprobación da modificación da Relación de Postos de Traballo (RPT).

A rexedora municipal, Nidia Arévalo, deulles a benvida aos novos axentes nunha recepción na que estiveron acompañados polo xefe da policía local en funcións Víctor Diz González, e destacou «a importancia de continuar reforzando o cadro de persoal da Policía Local para garantir un servizo de seguridade cidadá eficaz, próximo e adaptado ao crecemento do municipio».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS