O Concello de Nigrán agasallará con ‘doces sorrisos‘ aos peregrinos e viaxeiros que se acheguen polas súas oficinas de turismo ou á clientela do quiosco da Ramallosa. Este é o lema escollido para o envoltorio dec empresa radicada en Porto do Molle famosa internacionalmente por fabricar chuches sen azucre.
«Queremos resultar un municipio amigable e darlles a benvida dun xeito diferente, que se sintan especialmente ben coidados en Nigrán, que nos recorden como un lugar amable a onde regresar», explica o alcalde, Juan González, quen destaca que se trata dunha empresa nigranesa «que abríu o mundo das gominolas a persoas que non podían permitirse comelas, por iso son inclusivas», en referencia a que son todas sen azucre, sen glute, sen lactosa e aptas para veganos.
Neste sentido, o rexedor destaca tamén que dous dos seus 25 traballadores proceden do CEE Juan María, polo que o Concello deixou tamén no quiosco da Ramallosa, reaberto en abril por usuarios deste centro ubicado na parroquia de Parada e onde se ofrece tamén información turística e se sela a credencial.
Na mesma liña de facer sentirse especialmente cómodos e ben tratados aos visitantes, o Concello financiou a principios de ano formación a traballadores de hostalaría no manexo de inglés básico e a creación dunha web dirixida exclusivamente a eles: www.caminonigran.com.
«Todas estas iniciativas contribúen a construír unha imaxe amable e hospitalaria de Nigrán, os animamos a regresar ex-profeso noutra viaxe ao tempo que promocionamos o noso comercio», conclúe o rexedor.