Salceda de Caselas remata hoxe a programación do verán cultural das Festas do Cristo 2025 cos concertos do grupo Donicelas e da orquestra Combo Dominicano.
Así, tras a cancelación debido ás condicións meteorolóxicas do pasado sábado do concerto de Donicelas, o grupo actuará hoxe, luns 21 de xullo, na Praza do Concello ás 22:30 horas. De seguido, ás 23:30 horas dará paso á actuación do Combo Dominicano, que fará un pase único.
Salceda de Caselas porá fin así a máis de 15 días de celebración das Festas do Cristo 2025, que contaron cunha ampla programación onde a música, a cultura e a diversión foron as grandes protagonistas.
