lunes, julio 21, 2025
InicioNewsActualidadeCatro actividades sobre o Camiño de Santiago para celebrar o Día de...

Catro actividades sobre o Camiño de Santiago para celebrar o Día de Galicia en Tui

A festividade do apóstolo Santiago, este venres 25 de xullo, centra as actividades que o Concello de Tui organiza esta semana reivindicando o papel que a cidade de Tui desenvolve como “capital do Camiño Portugués a Santiago” que están a percorrer numerosos peregrinos nestas datas finais de xullo.

O Concello de Tui organiza nestas xornadas catro actividades que reivindican a condición xacobea da nosa cidade, a súa tradicional hospitalidade na acollida aos peregrinos así como a súa vocación cultural cunha oferta ampla e diversificada de actividades ao longo do ano- Unha oferta cultural e turística que baixo a denominación de “Tui capital do Camiño Portugués – cultura no camiño portugués” ofrece nesta semana as seguintes actividades:

Mércores 23 de xullo

Ás 20:30 horas terá lugar na Igrexa de San Domingos a conferencia «700 anos da peregrinación da Rainha Santa«. O historiador e membro do Instituto de Estudios Tudenses, Rafael Sanchez, pronunciará esta conferencia que achegará ao público a esta histórica peregrinación da que celebramos agora o seu sétimo centenario.

Xoves 24 de xullo

Ás 21:30 horas na Igrexa de San Bartolomeu de Rebordáns terá lugar o concerto «Germán Díaz- A zanfona e o Camiño de Santiago» un concerto ilustrado no que se intepretan músicas históricas e imaxinadas baseadas na tradición sonora dos Camiños de Santiago.

Venres 25 de xullo

Ás 9:00 horas comezará na rúa Olímpicos Tudenses a camiñada comentada polo Camiño Portugués ata a Capela da Nosa Señora do Camiño, onde se promoverá a valorización da traza do Camiño Portugués ao seu paso pola cidade de Tui, coñecendo os principais tesouros patrimoniais da vila.

Ás 21 horas na Igrexa de San Domingos terá lugar o concerto «Furia Sotelo – Camiños que parten, espectáculo de música e danza». A compañía Furia Sotelo chega cun espectáculo multidisciplinar para espazos non convencionais para tódolos públicos que combina a música en directo e a danza. O espectáculo enlázase cunha intervención musical de Mounqup.


مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS