O Concello de Arbo prepárase para celebrar a XXX Festa da Lamprea Seca na Carballeira da Turbela. Dentro da programación, terá lugar a Festa da Bicicleta, un evento complementario dentro do programa festivo que busca promover o deporte, a convivencia familiar e o desfrute do patrimonio local.
A celebración terá lugar o día 10 de agosto e a saída terá lugar na Praza do Consisterio ás 10 horas sendo a Carballeira de Turbela o lugar de chegada. Alí, será onde se realicen as actividades restantes da Festa da Lamprea Seca e tamén os sorteos entre todos os participantes.
Dende o goberno local aseguran que «esta actividade está deseñada para ofrecer unha experiencia inclusiva e amena, onde o ciclismo se converte nun medio para conectar coa paisaxe, valorar o patrimonio e fortalecer os lazos comunitarios».
As inscricións xa están abertas a través do correo electrónico vicentacerdeira@hotmail.es ou nas oficinas do Concello de Arbo. Recoméndase levar protección solar, auga e roupa cómoda, así como respectar as sinalizacións e normativas de seguridade establecidas. Ademais, os menores deberán ir acompañados dun adulto.