lunes, julio 21, 2025
InicioNewsActualidadeA "maior competición de hamburguesas" chega a Ponteareas a finais de xullo

A «maior competición de hamburguesas» chega a Ponteareas a finais de xullo

Ponteareas acollerá o festival de hamburguesas por excelencia, o «Burguer Experience» que se define como a «maior competición de hamburguesas ata a data». O evento, que contará con diversas variedades de hamburguesas gourmet, terá lugar no parque da Feira Vella do 31 de xullo ao 3 de agosto.

O evento xa realizou paradas en outras localidades galegas como Ribadeo, Ferrol, Nigrán e esta fin de semana estará en A Guarda. En breves, os e as asistentes poderán desfrutar da gastronomía en Ponteareas durante catro días.

O público será o grande protagonista da competición, xa que será o encargado de votar a súa favorita para escoller a mellor hamburguesa do festival. En total, serán máis de 10 foodtrucks as que ofrecerán máis de 20 variedades deste plato gastronómico tan popular.

Ademais, haberá opcións para todos os asistentes. Dende menú infantil ata opcións sen glute para persoas celíacas. Para os amantes do doce, haberá unha foodtruck especializada en tartas de queixo.

O acceso ao evento é gratuíto ata completar o aforo e os prezos das hamburguesas varian en función da opción escollida, tendo un prezo medio de 12 euros.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS