Na véspera do día de Galicia, o 24 de xullo, o grupo Do Lusco ó Fusco celebra o seu XXX Encontro dos Pobos, un festival xa arraigado que tenta fomentar a convivencia, o entendemento e o respecto mutuo a través do intercambio de tradicións, músicas, danzas e costumes.
Este ano, a parte dos anfitrións e do grupo local Vento Mareiro, contarán coa actuación de Itxas-Alde de Bakio do País Vasco. Eles representarán as danzas tradicionais de cada unha das provincias do Pais Vasco, sen esquecer os bailes dos territorios do Iparralde ou Pais Vasco francés, e os tan extendidos Jauziak, que tamén forman parte do repertorio que ofrecen.
O Encontro dos Pobos busca preservar a autenticidade e a riqueza do patrimonio cultural galego a través da indumentaria, os bailes, os cantares e os instrumentos tradicionais. O festival dará comezo ás 20:30h no Auditorio de San Benito na Guarda.