jueves, julio 17, 2025
InicioNewsActualidadeA nova pista de pumptrack da Guarda estará lista para este verán

A nova pista de pumptrack da Guarda estará lista para este verán

A zona multideportiva da Atalaia está a sufrir grandes cambios nas últimas semanas. Tras a renovación da varanda, a pìsta multideportiva está a ser completamente renovada, con canastras e porterías novas que están sendo instaladas.

Ademais, ao seu lado, estase a construír un novo circuito de pumptrack cunha extensión de aproximadamente 250 metros cadrados. Alí poderase practicar deportes sobre rodas como o skate, longboard, patíns, patinetes, bmx, mtb, entre outros.

Deste xeito, integrarase ás demais infraestruturas existentes e ampliarase a oferta deportiva municipal. Agárdase que a zona multideportiva se poda desfrutar completamente a comezos do mes de agosto.

O alcalde, Roberto Carrero, destacou que “o circuito de pumptrack é parte do proxecto de rehabilitación integral deste espazo polideportivo, que busca fomentar o deporte entre a xuventude guardesa”.

Este proxecto conta co apoio do Plan de Infraestructuras Deportivas da Deputación de Pontevedra, cunha aportación de 60.000 euros para a pista de pumptrack e de 75.000 euros para a a rehabilitación do resto de pistas da zona da Atalaia.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS