miércoles, julio 16, 2025
InicioNewsComarcasSoutomaior desata a súa Semana Grande con Panorama, Combo Dominicano e América...

Soutomaior desata a súa Semana Grande con Panorama, Combo Dominicano e América de Vigo

As orquestras Panorama, Combo Dominicano, América de Vigo e Gran Parada serán os pratos fortes desta segunda edición da Semana Grande de Soutomaior, que terá lugar entre os días 1 e 7 de agosto. O torreiro da Festa da Dez (Candán), ao carón do campo municipal de fútbol Graciano Padín, encherase coa música de catro das mellores orquestras do actual panorama galego e estata

Ademais, o programa da Semana Grande, que foi presentado esta mañá polo alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, inclúe unha ampla variedade de actividades para todos os públicos durante os días que dure a festa. Desde concertos de pequeno formato e sesiónsvermú ata un espectáculo de cociña en directo e un xantar popular que irá con inscrición. 

O rexedor, que estivo acompañado polos concelleiros Diego Moreira e Rosana Comesaña, varios cociñeiros do concello e o párroco de Soutomaior, Gabriel Gómez, sinalou que esta segunda edición da Semana Grande “é a da consolidación como un evento que chega para quedarse”. Compre lembrar que ata o remate do anterior mandato Soutomaior «non contaba cunhas festas patronais, unha disonancia con respecto á gran maioría de concellos do País», segundo indican desde a administración local.

Neste sentido, Lourenzo sinalou que “a Semana Grande de Soutomaior foi unha aposta do Goberno local pata que a nosa veciñanza poida desfrutar dunhas festas patronais e ter un punto de unión e celebración precisamente diso, de ser veciños e veciñas de Soutomaior”.

“Trátase dun evento no que se aúna a boa música, a boa gastronomía e, sobre todo, o bo ambiente que hoxe vivimos en Soutomaior”, sinalou o alcalde, que remarcou que “existe todo un contexto común a nivel cultural e social que fai da Semana Grande de Soutomaior un evento que chegou para quedar e non marchar máis”, engadiu o alcalde. 

Así, o alcalde Manu Lourenzo concluíu animando a toda a veciñanza de Soutomaior e dos concellos veciños a “vir a desfrutar de Soutomaior, da súa Semana Grande, da súa contorna natural e da súa xente. Porque cando cremos en todas as nosas posibilidades e as poñemos sobre a mesa, en Soutomaior temos un potencial sen límites”. 

Programación da Semana Grande de Soutomaior 2025

Venres, 1 de agosto 

21:00h | Chupinazo coa MEKÁNIKA ROLLING BAND Casa do Concello 

21:15h | Pasarrúas ata a Igrexa do Divino Salvador 

23:00h |Concerto ‘Demasiadas sombras y pocas luces’ 

Contorna da Igrexa do Divino Salvador

Sábado, 2 de agosto 

22:00h – 23:00h | DISCOMÓBIL ELATION

23:00h – 02:00h | ORQUESTRA AMÉRICA DE VIGO

02:00h – 04:00h | DISCOMÓBIL ELATION

Torreiro da Festa da Dez, Candán 

Domingo, 3 de agosto 

11:00h -18:00h | MERCADO 

Asociación de empresarias/os de Arcade e de Soutomaior

12:00h | SESIÓN VERMÚ ‘AIRES DA CASTRELADA’

12:30h | COCIÑA EN DIRECTO E DEGUSTACIÓN

13:00h | SESIÓN VERMÚ ‘AIRES DA CASTRELADA’

14:15h | XANTAR popular da veciñanza 

17:00h | Actuación ‘TRIO AZABACHE’ 

Contorna da Igrexa do Divino Salvador de Soutomaior

22:00h – 23:00h | DISCOMÓBIL ‘CDC’ 

23:00h – 02:00h | ORQUESTRA ‘PANORAMA’ 

02:00h – 04:00h | DISCOMÓBIL ‘CDC’ 

Torreiro da Festa da Dez, Candán 

Martes, 5 de agosto 

20:30h | BANDA DE MÚSICA ‘ARTÍSTICA DE ARCADE’ Contorna da Igrexa de San Salvador 

22:00h – 23:55h | DISCOMÓBIL ‘DISQUETOKA’ 

23:55h aprox. | TIRADA DE FOGOS DE ARTIFICIO 00:00h – 03:00h | ORQUESTRA ‘COMBO DOMINICANO’ 03:00h – 04:00h | DISCOMÓBIL ‘DISQUETOKA’ 

Torreiro da Festa da Dez, Candán

Mércores, 6 de agosto 

22:30h – 01:30h | ORQUESTRA ‘GRAN PARADA’ 

Torreiro da Festa da Dez, Candán 

Xoves, 7 de agosto 

Romaría de San Caetán 

13:30 h | Sesión vermú ‘Catro ventos’ 

Ermida de San Caetán, Castelo de Soutomaior 

Ademais, haberá servizo de autobús lanzadeira que irá desde o Pavillón da Montesiña ‘Alfonso Pazos’ ata o Torreiro da Festa da Dez (Candán) en horario de 21:30h a 23:30h horasede00.00 a 03.00 h.




مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS