miércoles, julio 16, 2025
InicioNewsActualidadePistoletazo de saída ao IKFEM 2025 da man de Antonio Orozco

Pistoletazo de saída ao IKFEM 2025 da man de Antonio Orozco

O Festival Internacional IKFEM 2025 Tui-Valença comeza hoxe a súa programación coa gala benéfica CaixaSon. Nela, actuará a agrupación musical Caixason en colaboración de artistas como Antonio Orozco e Rita Rocha, que interpretarán varios temas xunto á agrupación.

A cita terá lugar na Fortaleza de Valença do Minho, concretamente en Cortinas de Sao Francisco ás 22:30 horas (ES).

Ao longo de cinco días, serán moitos os e as artistas que se deixen ver por este festival internacional que cruza a fronteira. Así, Milhanas e Fillas de Cassandra actuarán o xoves 17 de xullo e James Rodhes deleitará ao público o venres 18.

Ademais, o programa tamén contempla charlas e conferencias relacionadas co tema da música como diálogos con diferentes artistas e incluso cursos sobre Metodoloxía Musical.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS