miércoles, julio 16, 2025
InicioConcellos +A CañizaMúsica, concurso de disfraces e festa DJ no Entroido de Verán na...

Música, concurso de disfraces e festa DJ no Entroido de Verán na Cañiza

O Concello da Cañiza celebrará o vindeiro sábado 26 de xullo a cuarta edición do seu Entroido de Verán. O evento, organizado polo Club Balonmán Cañiza en colaboración co Concello da Cañiza e a Asociación de Comerciantes e Hostalaría, promete ser unha festa «chea de cor e diversión».

A festividade dará comezo ás 11:30 horas na Praza Maior de Cañiza, onde terán lugar actividades para todos os públicos.

Así, pola mañá haberá zona infantil con hinchables, pintacaras e xogos para os máis pequenos. Ás 12:00 horas dará comezo a sesión vermú polo centro da vila, con pulpeiro e música a cargo da Charanga Imperiais.

O cañicense David Gesteira será o encargado de dar lectura ao pregón ás 13:00 horas dende a Praza Maior. O produtor do podcast «Descifrando a historia» con 15.000 seguidores en redes sociais e autor do recentemente estreado libro «Historia de Galicia en 30 obxectos», descubrirá aos e ás asistentes anécdotas, curiosidades e fitos da historia da Cañiza.

Xa pola tarde, terá lugar a actividade central do entroido co desfile e concurso de disfraces. Dende ás 19:30 horas e con saída na rúa Botica, o desfile percorrerá as rúas da vila ata chegar á Praza MAior onde o xurado escollerá os mellores disfraces e comparsas e repartirá os premios valorados en máis de 1500 euros.

Para participar no desfile é preciso inscrición previa no teléfono 616134560. Ademais, durante a celebración tamén haberá actividades complementarias como a elección do escaparate mellor decorado ou do mellor balcón do entroido.

Para rematar o entroido , a música electrónica tomará a noite na Cañiza a cargo dos DJ Michi, DJ Charli, Saúl Gallego, Gabryd, Khris Guez, Diego Mei e Vince Stone cunha ‘sesión remember’ da discoteca Lesothum de A Cañiza.



مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS