Os concellos de Mos e Pezinok (Eslovaquia) mantiveron hoxe unha primeira videoconferencia institucional como punto de partida para avanzar no proceso de irmandamento entre ambos municipios. A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, encabezou a delegación mosense, acompañada polos concelleiros Julia Loureiro e Leo Costas, mentres que pola localidade eslovaca compareceu o seu alcalde Roman Mács.
Esta reunión institucional supuxo una primeira toma de contacto para establecer unha relación de cooperación estable e duradeira entre ambas localidades, unidas por importantes lazos económicos, sociais e culturais.
De feito, durante a videoconferencia púxose en valor a presenza da empresa Grupo Copo, que conta con plantas de produción tanto en Mos como en Pezinok, e que representa un nexo de unión estratéxico con capacidade para xerar sinerxías no ámbito do desenvolvemento local, a innovación industrial e o intercambio de coñecemento.
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, destacou durante a súa intervención que “este é un paso ilusionante que reforza o noso compromiso coa cooperación internacional a nivel local, desde o respecto mutuo e o desexo de medrar xuntos nunha Europa máis cohesionada”.
Pola súa banda, o alcalde de Pezinok, Roman Mács, amosou unha grande interese polos detalles históricos, culturais e sociais do municipio de Mos, e manifestou a súa vontade de continuar avanzando neste proxecto común que une tradición, industria e futuro compartido.
O Concello de Mos ten previsto levar ao pleno do vindeiro 28 de xullo a aprobación inicial do irmandamento, co obxectivo de que o acordo definitivo poida ser asinado en Pezinok o próximo mes de setembro, coincidindo coa celebración das festas locais de Pezinok ás que Mos foi oficialmente convidado a asistir. Así mesmo, Mos tamén fixo unha invitación a Pezinok para participar na Festa da Rosa no mes de xuño de 2026.
Este irmandamento terá como obxectivos prioritarios fomentar o intercambio cultural, educativo e xuvenil, establecer pontes de colaboración no ámbito económico e empresarial, impulsar proxectos de desenvolvemento sostible, compartir boas prácticas na xestión municipal e promover o turismo e o coñecemento mútuo entre cidadanías.
O Concello de Mos elevou una consulta á Federación Española de Municipios e
Provincias (FEMP) o procedemento a seguir para levar a cabo os trámites
irmandamento, e seguirá as súas indicacións como garante de que esta alianza se
constrúa con vocación de continuidade, cooperación e beneficio mutuo.