miércoles, julio 16, 2025
InicioNewsActualidadeDez veciños e veciñas de Mondariz poderán beneficiarse do programa Xantar na...

Dez veciños e veciñas de Mondariz poderán beneficiarse do programa Xantar na Casa

O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, vén de asinar co alcalde de Mondariz, Pablo Barcia, o convenio de adhesión deste municipio ao programa Xantar na Casa.

O programa, impulsado pola Xunta de Galicia, garante unha alimentación saudable, equilibrada e adaptada ás necesidades de persoas maiores que viven soas, con dependencia ou en risco de exclusión social.

Inicialmente, unha decena de veciños da localidade poderán beneficiarse deste programa, que podería contar con máis prazas nun futuro en función da demanda que exista. O xerente do Consorcio explicou que «son os servizos sociais municipais os que se encargan de seleccionar aos beneficiarios do servizo, que reciben no seus fogares o menú para os sete días das semana, festivos incluídos».

O prezo de cada menú é de 7,32 euros. No seu financiamento participa a Xunta, que achega 3,42 euros; o concello, que asume 1,95 euros e a persoa beneficiaria, que abona tamén 1,95 euros. A comida repártese nos domicilios nunha única entrega, polo que os destinatarias teñen que quentala antes de consumila. Ademais, o programa facilita neveira e microondas no caso de que os fogares dos beneficiarios non dispoñan deles.

Na actualidade, o Xantar na Casa chega a máis de 2.500 persoas e a 200 concellos de toda Galicia, repartíndose máis de 17.000 menús semanais.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS