O Festival Itineranta é un festival adicado aos espectáculos de rúa, con actuacións de compañías de diferentes países e procedencias que iluminan as rúas con espectáculos de luz e son.
Neste 2025 o festival celebra a súa XIV edición, que terá lugar os días 16, 17 e 18 de xullo na vila do Lérez.
Trátase do primeiro festival de espectáculos de rúa itinerante de Pontevedra, que durante tres días converte a vila nunha cidade imaxinaria con propostas de rúa imprevisibles.
Cada día a cidade conta con varios espectáculos diferentes que comezan ás 20:00 horas. Ademais, ao remate da última representación de cada día, ten lugar un espectáculo pirotécnico.
Toda a información e horarios completos na seguinte ligazón.