Arbo prepárase para a celebración da XXX Festa da Lamprea Seca os días 8, 9 e 10 de agosto. A celebración terá lugar na Carballeira de Turbela. Con tal motivo, o Concello de Arbo organiza visitas guiadas ao Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea «Arabo».
As visitas, de caracter gratuíto, ofrecen unha oportunidade única para coñecer en profundidade a historia, tradicións e importancia económica e cultural da lamprea en Arbo e os seus arredores.
Segundo asegura o alcalde arbense, Horacio Gil, «as visitas ao Museo Arabo permiten aos asistentes descubrir o rico legado que a lamprea aportou a Arbo ao longo dos séculos, así como comprender o seu papel no desenvolvemento local e a súa importancia na gastronomía tradicional».
