A pisicina municipal ao aire libre de Mondariz xa está aberta, de novo, ao público. As instalacións volven a estar operativas despois de permanecer pechada por mor dun acto de vandalismo, tal e como explican desde as redes sociais do propio Concello. A administración local afirma que «se traballou intensamente nas tarefas de limpeza e posta a punto para que as instalacións estivesen en perfectas condicións» para o seu desfrute.
A decisión de manter a piscina pechada durante 24 horas debeuse a que «por desgraza, alguén decidiu facer una cto de vandalismo sen pensar nas consecuencias, prexudicando a todos os veciñso e as veciñas». Neste contexto, desde o Concello agradecen «a paciencia e compresión da cidadanía«, subliñando o compromiso por «ofrecer as mellores instalacións e garantir a seguridade e o benestar de todos».
Deste xeito, os veciños e as veciñas de Mondariz xa poden gozar de novo do bo tempo na piscina ao aire libre municipal de Mondariz e aliviar as altas temperaturas desta semana cun «chapuzón».