miércoles, julio 16, 2025
InicioNewsActualidadeUn hotel de Tui contará co minigolf máis grande de Galicia e...

Un hotel de Tui contará co minigolf máis grande de Galicia e con acceso público

O Hotel Alfonso I, situado na parroquia tudense de Guillarei, deu comezo ás obras para a construcción do que será o minigolf máis grande de Galicia, cun total de 18 buratos, e que estará aberto ao público sen necesidade de estar aloxado.

Así, as instalacións exteriores deste hotel contarán no prazo dun mes con este novo espazo de recreo apto para o desfrute tanto de nenos e nenas como adultos. Dende a dirección do hotel aseguran que «o xogo contará con 18 niveis, con dificultades para os adultos, pero tamén poderán xogar os máis cativos».

Agárdase que o xogo poida comezar a empregarse no prazo dun mes, data prevista na que rematarán as obras. As instalacións contan cunha capacidade para xogar 20 persoas simultaneamente e o horario de apertura será de 9:00 a 21:00 horas no verán e de 10:00 a 20:00 horas no inverno. O prezo da entrada será de 10 euros para adultos e maiores de 12 anos e 5 euros para nenos e nenas de ata 12 anos.

Deste xeito, esta nova proposta súmase a outras actividades de ocio que permite realizar este hotel sen necesidade de estar aloxado como o aluguer das pistas de pádel, a mesa de ping pong e o recentemente inaugurado Wellness Spa Privado. Ademais, o aparcamento é gratuíto.

As reservas para todas as actividades poden realizarse a través da páxina web do hotel ou no teléfono 986 60 70 60.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS