O Concello de Salvaterra de Miño vén de abrir a Oficina de Turismo ubicada xunto ao Parque Público A Canuda, co fin de «atender o incremento da demanda de información turística», segundo aseguran dende o goberno local. Ao tempo, abrése tamén o servizo de préstamo gratuíto de bicicletas.
O horario de ambos servizos será de xoves a domingos e festivos de 11:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas ata o mes de decembro.
A apertura desta oficina de turismo lévase a cabo baixo a axuda outorgada pola Deputación de Pontevedra para a contratación de persoal a través do Plan + Provincia 2025.
Para facer uso do servizo de préstamo de bicicletas é de obrigado cumprimento que os menores de 16 anos leven o seu propio casco. A maiores, todas as persoas menores de idade precisan consentimento dun titor legal.
Dende o Concello afirman que «con iniciativas como esta preténdese fomentar o deporte e os hábitos saudables entre os veciños e veciñas, así como o uso de medios de transporte ecolóxicos».