O grupo de teatro de Salvaterra de Miño, Dramiño, visitará oito das parroquias da vila durante os meses de xullo e agosto cunha proposta cómica de teatro de rúa.
En total, serán oito as actuacións que realizarán ao longo do verán e cada unha delas contará con propostas diferentes. Cunha duración aproximada dunha hora, cada actuación estará composta por unha media de catro pequenas pezas teatrais en formato de comedia.
Todas as actuacións darán comezo ás 22:00 horas e a primeira parada será na parroquia de Uma. De seguido, visitarán Lira, Leirado, Corzáns, Fronelos, Arantei, Alxén e Cabreira.
A proposta enmárcase dentro da programación do Verán Cultural do Concello de Salvaterra de Miño.
