Nigrán conta os días para volver a acoller o festival do verán por excelencia, o Reggaeton Beach Festival (RBF). Así, o festival de música urbana regresa os días 26 e 27 de xullo ao municipio cunha cuarta edición que promete “romper todos os esquemas”.
O evento ten lugar no recinto de Porto do Molle, onde o reggaetón e a música urbana internacional serán o atractivo do momento. Entre os primeiros nomes confirmados destacan Chencho Corleone, El Alfa, Bryant Myers, Justin Quiles, Sech, Blessd, Darell e Hades66, figuras clave da escena global.
Ademais, tamén estarán presentes novas promesas como Clarent, Raul Clyde e Luar La L, dispostos a conquistar ao público galego. A maiores, a organización asegura que “aínda está por anunciar unha estrela internacional que porá o broche de ouro a un dos carteis máis ambiciosos do circuíto”.
Dende a organización do RBF Nigrán 2025 aseguran que o festival reinvéntase este ano por completo. Así, Porto do Molle rediséñase para ofrecer unha experiencia “máis comoda, máis visual e máis potente”. Reformanse dende os accesos ata as zonas de descanso, pensando sempre en que os e as asistentes disfruten sen interrupcións de dous días de “música, baile, auga e adrenalina”.
Tamén contará nesta edición cunha nova zona de entretemento a ceo aberto con atraccións acuáticas, tobogáns XXL, volley piscina, tarimas de actividades, karaoke ou cámaras 360, entre outras actividades.

