martes, julio 15, 2025
InicioNewsActualidadeO IES Salvaterra de Miño amplía a súa oferta educativa para o...

O IES Salvaterra de Miño amplía a súa oferta educativa para o vindeiro curso académico

Arranxos e Reparación de Artigos Téxtiles e de Pel é o novo ciclo a implantar no vindeiro curso logo da solicitude realizada pola dirección do centro en base á necesidade de ampliar a oferta educativa para o alumnado que non remata a ESO e quere continuar a súa formación obtendo un título que lles permita acceder ao emprego ou a estudos posteriores de grao medio.

Ata o de agora, o centro únicamente contaba cun ciclo de FP Básica coa oferta formativa do Ciclo de Carpintaría e Moble. Así, con esta nova formación, o IES Salvaterra de Miño convértese no primeiro instituto público da provincia de Pontevedra en ofrecer este ciclo; sendo o terceiro de toda Galicia.

O novo ciclo permitirá aos alumnos e alumnas realizar operacións de arranxo, adaptación e mantemento de pezas de vestir, roupa de fogar e complementos de decoración e de pel, ademais da reparación de calzado e marroquinaría, así como a realización de actividades complementarias de gornicionaría e, de ser o caso, de duplicación de chaves, en comercios de proximidade ou en instalacións industriais, conseguindo produtos en condicións estéticas e acabados, operando coa calidade indicada requirida, cumprindo as normas de prevención de riscos laborais e coa protección ambiental correspondentes.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS