lunes, julio 14, 2025
InicioNewsActualidadeMos construirá 80 vivendas protexidas máis en San Eleuterio gracias a unha...

Mos construirá 80 vivendas protexidas máis en San Eleuterio gracias a unha achega da Xunta

O Concello de Mos e a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas da Xunta de Galicia anunciaron hoxe o convenio de financiamento para a adquisición de terreos na urbanización San Eleuterio, nos que se promoverá vivenda protexida de nova construción.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, visitou hoxe xunto á delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, San Eleuteiro para supervisar as obras de construcción do edificio de 20 vivendas para promoción pública nesta urbanización nunha parcela de 1.942 metros cadrados e que contempla un investimento de 4,1 millóns de euros (76% da Xunta e 24% dos Fondos europeos MRR).

Durante a visita a conselleira anunciou a concesión dun préstamo sen xuros de 1.257.486 euros a través do Fondo de Cooperación cos Concellos, cun prazo de reposición de 8 anos, para a adquisición de solos en Tameiga–San Eleuterio, o que permitirá a construción duns 80 novos fogares protexidos no municipio.

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, destacou que «este préstamo permitirá multiplicar por 5 a oferta de vivenda pública e protexida prevista na localidade, pasando de 20 fogares, que xa están en marcha, a 100″.

Deste xeito, con esta operación, o Concello de Mos dá un paso decisivo para avanzar no acceso á vivenda pública, coa previsión de desenvolver un proxecto residencial destinado a facilitar o acceso á vivenda a mozos, familias e colectivos con maiores dificultades.

“Estou orgullosa e satisfeita de poder ver que os compromisos que adquirín con vós son realidades”, engadiu a rexedora. Deste xeito, grazas a este convenio Arévalo indica que será posible “a adquisión dos terreos colindantes a San Eleuteiro, que son 14.000 metros cadrados, para poder construír máis vivendas”. O financiamento será amortizado en oito anualidades consecutivas a partir do ano 2026.

Ademais, o convenio inclúe cláusulas de seguimento e xustificación do investimento, así como a posibilidade de amortización anticipada por parte do Concello de Mos.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS