O Concello do Rosal acollerá durante a próxima fin de semana, do 18 ao 20 de xullo, a celebración da XXXIII Feira do Viño do Rosal cun programa de actividades para todas as idades e coa cultura vitivinícola como fío conductor.
Así, a Praza do Calvario converterase así no epicentro da celebración que dará comezo coa apertura oficial o 18 de xullo, ás 13:30h, cun acto institucional da man de Ziyang Zhang, asesor vitivinícola da Embaixada de China en España e pregoeiro deste evento.
Horario e programación
Venres 18 de xullo
11.30 h – Cata comentada de viños do Rosal a cargo de Ziyang Zhang (Inscrición previa)
13.30 h – Inauguración e pregón da feira a cargo de Ziyang Zhang (director da Guía Peñín en China) e apertura de casetas.
18.30 h – Presentación e inicio do escape room Segredos entre barricas
23.30 h – Concerto: La Patrulla
02.00 h – Peche da feira
Sábado 19 de xullo
11.30 h – Apertura das casetas
12.30 h – Cata para o público en xeral a cargo de Jorge Vila de Galicia Wine Academy: Aprendendo a catar cos viños do Rosal. As 4 claves para catar un viño. (Inscrición previa)
13.30 h – Concerto de Os Bregadiers
19.00 h – Espectáculo infantil/familiar: O tranvía Leonardo
20.00 h – Pasarrúas: Batucada Lenha Verde
23.30 h – Concerto: Meigallo
02.00 h – Peche da feira
Domingo 20 de xullo
11.00 h – Visita guiada ao retablo da igrexa de Santa Mariña e Museo do Cabaqueiro
11.30 h – Apertura das casetas
12.00 h – Obradoiro de cociña infantil a cargo de Isaac Míguez (inscrición previa)
12.30 h – Cata para público xeral a cargo de Jorge Vila de Galicia Wine Academy: Aprendendo a catar cos viños do Rosal. As 4 claves para catar un viño. (Inscrición previa)
12.30 h – Pasarrúas a cargo do Grupo de Gaitas Airiños do Folón
13.30 h – Concerto: Famous Corner
18.30 h – Espectáculo infantil/familiar: Pepiña Maruxiña quere voar
20.00 h – Concerto: Andhrea and the Black Cats
00.00 h – Peche da feira