lunes, julio 14, 2025
InicioNewsComarcasBrasas, risas e "moita fame": Así será a nova edición da Festa...

Brasas, risas e «moita fame»: Así será a nova edición da Festa do Churrasco en Covelo

O Campo da Feira de Covelo converterase no espazo no que reinará un dos manxares de Galicia. Trátase do churrasco. E é que o Concello celebrará o próximo 25 de xullo unha nova edición desta festas grastronómica que busca unir a natureza, o bo ambiente e música, entre outras cuestións.

Baixo o lema «o churrasco sabe mellor en Covelo«, o municipio prepárase para acoller a XLIV Festa do Churrasco, unha cita ineludible para os amantes da gastronomía galega e que se celebrará no Día de Galicia, o 25 de xullo. O Concello promete «brasas, risas e moita fame» nunha xornada pensada para toda a familia.

Deste xeito, por un prezo de oito euros, as persoas que se acheguen ata o municipio de Covelo desfrutarán dun menú que inclúe a costela de porco e de tenreira así como pementos de Padrón, criollo, pan e viño. Durante a merenda haberá chouripán. Ademais, a música non faltará coa actuación da Charanga Os Encerellados e os concertos de Los Lunes al Sol e Óscar Ibáñez & Tribo. Paralelamente, o evento inclúe unha Feira de productos locais e de artesanía.

Programa completo da Festa do Churrasco 2025 en Covelo

Xoves 24 de xullo

  • 22:30 h: Peque Disco Moc Moc & Remember Temazos 90-2000
    • Música | Malabares | Humor
    • Praza Mestre Cerviño

Venres 25 de xullo

  • 12:00 h: Mostra de produtos de Covelo e Feira de Artesanía
    • Carballeira do Campo da Feira
  • 13:00 h: Misa solemne na honra de Santiago Apóstolo e procesión
    • Coa Banda de Música de Mondariz
  • 13:15 h: Concerto: Banda de Música de Mondariz
  • 14:00 h: Festa do Churrasco na hostalaría
    • Gran Churrascada
    • Campo da Feira
    • Ameniza: Charanga Os Encerellados
    • Churrasco, pementos, criollo, pan e viño – 8 €
  • 14:30 h: Concerto: Los Lunes al Sol
  • 17:30 h: Concerto: Óscar Ibáñez & Tribo
  • 18:00 h: Cantina do Campo da Feira
    • Chouripán para merenda/cena
    • Acompañan: Charanga Os Encerellados
    • Siguariz – Club Fotnouse Covelo

Sábado 26 de xullo

  • 22:00 h: Gran Verbena
    • Coa Orquestra La Nave
  • Noite de festa
    • Peche con DJ Mesu
    • Praza Mestre Cerviño
مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS