jueves, julio 10, 2025
InicioNewsComarcasA maxia da literatura, firmas e música: este é o programa completo...

A maxia da literatura, firmas e música: este é o programa completo da Feira do Libro de Ponteareas

O Concello de Ponteareas ten xa todo preparado para unha nova edición da súa Feira do Libro, «unha cita xa consolidada no calendario cultural da vila», segundo indican desde a administración local. Así, durante catro días, converterá os Xardíns da Xiralda nun espazo de encontro arredor da literatura, a creación e o diálogo entre autoras e autores e visitantes.

Pregón de «Rafita»

A feira abrirá o xoves ás 18:00 con Samuel Ferro asinando ‘Tierra de Leyenda 3 Camino del purgatorio’ e ‘A Queimada das animas’, na caseta da libraría Ledo. Ás 18:30 horas hai dobre cita: Antía Mosquera asina ‘Amores extraños’ na caseta da libraría Porto, e Carmen Pereiro Oliveira asina ‘En aquellas calles dibujé mis pasos’, na caseta da libraría Uróboros. A continuación, ás 19:00 horas, presentación do disco libro ilustrado ‘Coplas analfabetas’, de Antonio Tizón, con acompañamento da ilustradora Eugenia Sanmartín. 

Este evento, que busca promover o hábito da lectura en persoas de todas as idades e achegar a unha gran variedade de libros, abrirá o xoves 10 de xullo ás 18:00 horas. O acto central da xornada chegará ás 20:00 horas co acto de inauguración da Feira, no que participarán a secretaria da Federación de Librarías de Galicia, Celia Fernández; a deputada provincial da Deputación de Pontevedra, Sandra Bastos; o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; e a alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro. A continuación, lerá o pregón Rafael Rodríguez «Rafita», acompañado dunha actuación musical. A primeira xornada pecharase ás 21:00 horas coa presentación do libro Galegas na música, de Isabel Blanco, coa participación do grupo musical A.C. Sadeo.

Entre os actos máis destacados están as presentacións de dous autores ponteareáns o sábado. En primeiro lugar, ás 18:00 horas, Arístides Carrera presenta os libros da súa colección “Nomes dos lugares, patrimonio e historia”, e ás 20:00 horas será a quenda de Alfonso Pexegueiro, que presenta a edición conmemorativa de “Seraogna, 50 anos”, cunha lectura pública da obra como homenaxe á traxectoria do escritor ponteareán.

Programa completo da Feira do Libro de Ponteareas 2025

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS