martes, julio 1, 2025
InicioNewsActualidadeO Porriño acomete melloras en cinco viais municipais das parroquias de Torneiros,...

O Porriño acomete melloras en cinco viais municipais das parroquias de Torneiros, Pontellas e Mosende

O Concello do Porriño vén de poñer en marcha un ambicioso plan de mellora da rede viaria municipal nas parroquias de Torneiros, Pontellas e Mosende, cun investimento total de 177.286,27 euros (IVE incluído). O obxectivo deste proxecto é rehabilitar o firme existente e mellorar as condicións de circulación e seguridade nestes camiños.

Está previsto que os traballos rematen nun prazo aproximado de dúas semanas, sempre que as condicións meteorolóxicas o permitan. As actuacións inclúen traballos de roza e limpeza, fresado de pavimento, mellora de drenaxes, pavimentación, sinalización horizontal e recrecido de arquetas mediante formigón estrutural. Tamén se contempla a creación de zonas de estacionamento e a adaptación de pasos de peóns á normativa vixente.

“O meu compromiso é claro» aseguraba o alcalde, Alejandro Lorenzo. «Mellorar os servizos e infraestruturas das parroquias. Estes traballos son unha mostra de que seguimos avanzando nese camiño, para mellorar as infraestruturas básicas do noso municipio. As parroquias son prioridade. Estes camiños son fundamentais para a mobilidade diaria da veciñanza e queremos que todos os veciños, vivan onde vivan, teñan unhas condicións dignas e seguras”.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS