A tan só unhas horas da gran noite do Corpus Christi 2025 de Ponteareas, os portais atópanse durante esta tarde a toda máquina para ultimar os detalles das alfombras de arte efémero que engalanarán a capital do Condado.
Nalgúns dos portais continúan desfollando e noutros, fan recapitulación de todo o que levan e se falta algo. Os preparativos avanzan así a contrarreloxo no medio da ilusión e os nervios que xa se nota no ambiente ao falar sobre como se vai a perfilar o deseño deste ano.
Será durante a noite deste sábado cando as mans de diferentes xeracións comecen a tecer as alfombras florais do Corpus Christi 2025 para recibir á tradicional procesión o domingo día 22.









