viernes, junio 20, 2025
InicioNewsComarcasNove cámaras retransmitirán en directo a elaboración das alfombras do Corpus Christi...

Nove cámaras retransmitirán en directo a elaboración das alfombras do Corpus Christi de Ponteareas

As delegacións alfombreiras de Corpus Christi xa están en Ponteareas e con elas comeza a conta atrás. A capital da comarca do Condado xa está preparada para «recibir a milleiros de visitantes que encherán as rúas e prazas dende o sábado 21 pola tarde ao domingo 22 ao mediodía», segundo explican desde a administración local.

26 tramos alfombreiros

Nos vinteseis tramos alfombreiros atoparemos como novidade unha alfombra deseñada polo artista, escritor e poeta Alfonso Pexegueiro. O alumnado do programa de emprego “Compromiso Xuvenil” será o encargado de executar este deseño. Un plus interxeracional para o mestre das letras e do deseño.

O streaming do Corpus Christi 2025

Outra das novidades que incorpora este Corpus 2025 ten que ver coa difusión. O Concello incorpora novas plataformas para chegar a un maior número de público. O Concello instalou 9 cámaras para imaxes nocturnas que retransmitirán en directo a confección das alfombras de flores a través de streaming dende as 21:30 horas do sábado ás 09:00 foras do domingo. Dende calquera lugar do mundo poderán seguirse minuto a minuto a confección dos tapices de flores de Ponteareas.

Este seguemento tamén se poderá facer dende a pantalla xigante de catro metros por dous metros que se colocará na Praza Bugallal nun dos laterais da igrexa. A misa solemne do domingo ás 11:30 horas tamén se poderá seguir por streaming dende a praza Maior na que se colocou un palco con asentos para aquelas persoas que queiran seguir a misa dende o exterior. A procesión tamén será retransmitida por streaming a través da canle de YouTube do Concello e ao igual que o resto das celebracións, tamén dende a pantalla xigante da praza Maior.

As e os alfombreiros comezarán a plasmar o deseño nas rúas e prazas a partir das 18:00 horas do sábado para seguir traballando ata a madrugada. Ás 21:00 horas do sábado haberá recepción de autoridades na Casa do Concello para recorrer logo os tramos alfombreiros, “un percorrido para a posta en valor de cada un dos tramos e do traballo das mans do Corpus”, explica a alcaldesa Nava Castro.

Nesa comitiva participará o embaixador de Malta, o director xeral de Turismo, alcaldes e alcaldesas dos concellos veciños, a Corporación de Pontereas, unha representación da The Worshipful Company of Gardeners de Reino Unido, o nariz de ouro David Gigirey, o premiado e experto en arte floral Caros Curbelo e a presidenta da Sociedad Española da Camelia, Carmen Salinero, entre outras persoas participantes.

As rúas e prazas estarán animadas ao longo de toda a noite con Mistura Vocal e Senfol Gaitas. O domingo a Santa Misa Solemne será ás 11:30 horas; a procesión ás 12:30 horas acompañada da Banda de Cornetas y Tambores de Coronación de Espinas de Córdoba. Ás 19:00 horas será o desfile de carrozas con acompañamento musical. Ás 22:00 horas actuación musical Orixe na Praza Bugallal. Ás 23:30 horas a actuación do grupo musical América na praza Maior e o lanzamento de fotos artificiais ás 00:00 horas.

Inchables gratuitos

O luns 23, festivo local, ás 12:00 horas actividade infantil nos xardíns da Xiralda, no Concello. Ás 17:00 horas inchables gratuítos para nenas e nenos e ás 18:00 horas Santa Misa polos alfombreiros falecidos e ofrenda floral in memoriam. Ás 20:30 horas acto de entrega de medallas de Corpus Christi no auditorio municipal Reveriano Soutullo. Ás 22:00 horas da orquestra Tango na praza Bugallal e ás 23:30 horas orquestra Miramar na praza Maior. 

O II Tritea camiponato de triatlón galego para menores será o sábado 21 na Freixa e do 28 de xuño ao 5 de xullo o torneo de tenis Vila do Corpus que este ano agarda superar os douscentos inscritos. 

Ademais, cada noite a partir das 22:00 horas poderemos desfrutar do videomapping.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS