viernes, junio 20, 2025
InicioNewsActualidadeA divulgación científica ten premio no IES de Salvaterra de Miño

A divulgación científica ten premio no IES de Salvaterra de Miño

O IES Salvaterra de Miño organizou a segunda edición do Concurso de Divulgación Científica que tiña como temática a sostibilidade, a mesma da Semana da Ciencia que organiza o centro.

O alumnado participante contou «mediante un vídeo, con creatividade, ciencia e compromiso co planeta, o que saben para que outros soñen con descubrir» tal e como aseguran dende o centro escolar. Os vídeos están dispoñíbles para ser visualizados nas redes sociais do centro.

Así, repartironse os premios, separandos en dous grupos diferenciados. En canto ao primeiro ciclo da ESO, o primeiro premio foi para Elia Blanco González co vídeo «Murallas sostibles: unha ponte entre o pasado e o futuro» e o segundo premio para «A densidade dos distintos plásticos» de Aroa Álvarez Mateos, Noa Araújo, Carlota Balboa e Inés Céspedes.

No lugar do segundo ciclo da ESO, Carla González Fernández, Ainoa Porto Castro e Paula Rodríguez Castro acadaron o primeiro premio co vídeo «Acidificación de océanos«.

Como recoñecemento ao seu traballo, o Concello de Salvaterra de Miño fíxolles entrega duns vales para gastar no comercio local da vila, un xeito segundo aseguran de «continuar co espírito sostible, apoiando a economía de proximidade». Ademais, tanto o goberno local como o profesorado do centro escolar quixo expresar «o enorme orgullo polo traballo realizado polo alumnado».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS