Salvaterra de Miño vén de anunciar a data de apertura oficial das súas Piscinas Municipais, que será o vindeiro sábado 28 de xuño.
Nestes últimos dez días, ultímanse as obras de mellora das instalacións que consisten na construción dunha nova beirarrúa e un novo peche que mellorará a seguridade do recinto.
Así, dende o vindeiro sábado, as instalacións abrirán en horario de martes a venres de 15:00h a 21:00 horas e os sábados, domingos e festivos de 13:00h a 21:00 horas. Os luns as instalacións permanecerán pechadas por mantemento.
Ademais, durante os meses de xullo e agosto haberá cursos de natación en horario de mañá de martes a venres.