Conta atrás para que os veciños e as veciñas de Ourense celebren, un ano máis, as súas festas. Así, as Festas de Ourense 2025 comeza este mércores 18 de xuño co pregón de Luis Zahera a partir das 22:30 horas nos exteriores do Pavillón dos Remedios e actuación da orquestra Olympus nunha dobre sesión. Ademais, tamén terá lugar o espectáculo de drons a partir das 23:0 horas.
Mentres, o mercado medieval xa está aberto nos exteriores do Pavillón dos Remedios así como as atracciósn festivas, segundo indican desde o Concello de Ourense, na zona do Parque Barbaña así como as xincanas de inchables xunto á Ponte Romana, entre outras cuestións.
Programación das Festas de Ourense 2025
- 11.00 a 14.00 e 18.00 a 21.30 h. Parque San Lázaro.
Feira do libro de Ourense. O acto de inauguración da feira será ás 13.00 h
- 11.00 a 14.00 h. Parque das Mercedes.
Festival de Emprego Xuvenil: SomosGOU Fest, organizado por Cruz Vermella coa colaboración do Concello.
- 17.30 h. Exteriores do Pavillón dos Remedios
Mercado medieval de Ourense (abrirá todos os días de 11 a 23 h, agás o domingo, que rematará ás 23.00 h, con actividades e pasarrúas)
- 18.00 a 21.00 h. Parque xunto á Ponte Romana (na beira pontina).
Xincana de inchables. A causa das condicións climatolóxicas, a actividade será de 18 a 21 horas, en vez de 17 a 20 h.
- 19.00 a 2.00 h. Parque Barbaña.
Atraccións
- 20.00 a 21.00 h. Exteriores do Pavillón dos Remedios.
Exhibición de baile Dantzari
- 21.00 a 22.30 h. Exteriores do Pavillón dos Remedios.
Baile coa orquestra Olympus.
- 22.30 h. Exteriores do Pavillón dos Remedios.
Pregón das festas: Luis Zahera.
- 23.00 a 23.20 h. Exteriores do Pavillón dos Remedios.
Espectáculo de drons. Recoméndase a visualización desde a Ponte Romana.
- 23.20 a 01.00. Exteriores do Pavillón dos Remedios
Baile coa orquestra Olympus
Cortes de tráfico polas Festas de Ourense 2025
No marco da celebración das Festas de Ourense 2025, a administración local fai saber que se levarán a cabo unha serie de cortes de tráfico co obxectivo de dispor do espazo necesario para levar a cabo as actividades e os eventos programados:
- Polas orquestras e concertos, a rúa Rúa Pardo de Cela estará pechada ao tráfico no treito comprendido entre a Praza de Concepción Arenal e a glorieta do mundo (xunto ao Pavillón dos Remedios), até o luns, 23 de xuño.
- Polas atraccións festivas: pecharanse ao tráfico o Paseo Ponte Pedriña e a rúa Porto Carreiro, desde a Travesía Portocarreiro B até a rotonda da rúa Fonte do Bispo, mañá, desde as 19.00 h.
- Polo espectáculo de drons, momentos antes das 23.00 h, pecharanse ao tráfico a Ponte do Milenio, a rotonda do acceso centro coa Nacional 120, desviando os vehículos pola rúa Castro Canseco; e a Nacional 120, á altura da rotonda coa rúa Pablo Iglesias, desviando o tráfico por Díaz de la Banda.