martes, junio 17, 2025
InicioNewsComarcasAromas, música e pictogramas para o Corpus Christi máis inclusivo de Ponteareas

Aromas, música e pictogramas para o Corpus Christi máis inclusivo de Ponteareas

O Corpus Christi de Ponteareas 2025 prepárase para ser unha celebración aínda máis inclusiva e accesible, grazas a dous innovadores proxectos impulsados polo Concello, a través da concellería de Cultura que dirixe Juan Carlos Carrera, e a Asociación de Alfombristas do Corpus Christi. Estas iniciativas buscan a total participación e integración daqueles colectivos que se atopan en situación de vulnerabilidade social, co obxectivo da inclusión social, a promoción da igualdade de oportunidades e a mellora da calidade de vida, tal e como indica desde a Asociación de Alfombristas de Ponteareas.

Un dos proxectos estrela é a creación da «Beirarrúa Aromática e Musical». Esta iniciativa, proposta á ONCE en 2022 , buscaba que as persoas con discapacidade visual puidesen orientarse e localizar as rúas por onde se confeccionan as alfombras e pasa a procesión do Corpus Christi, a través do sentido do olfato con aromas das diversas plantas utilizadas. Eses ‘cheiros’ típicos do Corpus ponteareán, únicos nestas datas do ano, foron escollidos polo “Museo de los Aromas” –tamén único en Europa–, para formar parte do seu catálogo de aromas, integrando o patrimonio da Festa do Corpus Christi de Ponteareas.

Neste ano 2025 , a iniciativa vai máis alá, buscando que sexan dous os sentidos que orienten á persoa con discapacidade visual. Así, ao sentido do olfato, engadirase o sentido do oído, «xa que se interpretará música diferente en cada unha das rúas ou prazas por onde se confeccionan e pasa a procesión do Corpus Christi. Farase que en cada unha haxa un instrumento musical predominante.

O segundo gran proxecto céntrase na sinalización de todo o percorrido con pictogramas para persoas autistas.

Podes esoitar a entrevista co presidente da Asociación de Alfombristas, Miguel García, aquí:

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS