O Concello da Guarda vivirá este domingo o seu Corpus Christi. As rúas da vila encheranse de cor e beleza coa elaboración das alfombras florais. Dende hai semanas, parte da veciñanza e asociacións traballan nos preparativos destas alfombras.
Este sábado, 21 de xuño a partir das 17:00h dará comezo a elaboración das alfombras florais, que se prolongarán ata as primeiras horas do domingo pola mañá. Agárdase que as alfombras estén rematadas en torno ás 12:00 horas dese mesmo domingo.
A misa e posterior procesión, que percorrerá o camiño das alfombras, dará comezo ás 17:30 horas a misa e en torno ás 18:30 horas a procesión, que terá un percorrido aproximado de 700 metros.
A procesión dirixirase da igrexa parroquial á praza Praza do Reló, para pasar pola rúa Ignacio Sobrino e rúa Oliva e seguir por Hernán Cortés. Alí, baixarán polas escaleiras da praza José María Lomba para continuar pola rúa Malteses e Concepción Arenal ata a rúa Brasilino Álvarez Sobrino e así rematar de novo na igrexa parroquial pola rúa Antonio Alonso.
Cortes de tráfico
Para a elaboración das alfombras florais, as rúas da Guarda sufrirán cortes de tráfico a partir da noite do sábado 21 ata a noite do domingo 22. Dende o goberno local «pregan á veciñanza colabroación e compresión».
