lunes, junio 16, 2025
InicioNewsActualidadeVisitas guiadas para coñecer os ritos e tradicións de San Xoán en...

Visitas guiadas para coñecer os ritos e tradicións de San Xoán en Baiona

O Concello de Baiona, a traves da Concelleria de Turismo, organiza para este domingo 22 de xuño unha visita guiada polo centro da vila co fin de divulgar as tradicións relacionadas coa noite de San Xoán.

A actividade dará comezo ás 11:30 horas e o punto de saída será na Oficina de Turismo. A visita terá unha duración aproximada dunha hora e media.

Concretamente, o percorrido será polo centro histórico da vila, en torno ao barrio de San Xoán, onde a través de diversos elementos contaranse historias e tradicións da cultura relixiosa e pagá, tanto do pasado como das que se manteñen ata o día de hoxe.

As prazas son limitadas, e é preciso inscrición previa na propia oficina de Turismo ou por correo electrónico en oficinadeturismo@baiona.gal.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS