Luns, Febreiro 2, 2026
HomeNewsActualidadeSánchez confirma o non ao adianto electoral e reta a Feijóo e...

Sánchez confirma o non ao adianto electoral e reta a Feijóo e Abascal a presentar unha moción de censura

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, desafía ao Partido Popular e ao grupo de extrema dereita Vox a presentar unha moción de censura “canto antes” e, á vez, descarta cambios no seu Executivo. Confirma que non haberá adianto electoral e anuncia comparecencia polo ‘caso Koldo’. Así o dixo nunha rolda de prensa celebrada este luns tras a Executiva federal do PSOE que tivo unha duración de, aproximadamente, cinco horas.

Sánchez recalcou que, ao seu xuízo, o democrático non é facer dimitir ao rival con “algunhas verdades e moitas mentiras”, senón articular unha maioría parlamentaria alternativa e dicir que proxecto de país teñen. O presidente aconsellou a Feijóo e Abascal que o fagan canto antes, porque despois do verán é posible que se produzan resolucións sobre as “moitas causas” pendentes do PP e “verase quen son os delincuentes de verdade“.

Sen cambios no Goberno central

Na mesma comparecencia, Pedro Sánchez descartou a posibilidade de presentar unha cuestión de confianza. Así mesmo, ratificouse en que non pensa en facer cambios no seu Executivo nin en adiantar as eleccións. Esta postura xa foi avanzada o pasado xoves, tras a saída de Santos Cerdán da dirección socialista, e foi reafirmada hoxe.

O presidente do goberno anunciou, ademais, que comparecerá no Congreso tras o informe da UCO sobre Santos Cerdán e que o Partido Socialista impulsará unha comisión de investigación nas cortes para coñecer a verdade sobre o caso Koldo. Sinalou que acudirá á Cámara Baixa a petición propia a dar explicacións “na primeira data dispoñible”.

Ao tempo, adiantou que o seu partido impulsará nas Cortes unha comisión de investigación sobre o caso Koldo, á que se mostrou convencido que “se unirán outros grupos parlamentarios”.

Sánchez engadiu que o seu partido é “unha organización limpa” e que “nunca actuará como o Partido Popular en materia de corrupción e, por tanto, non perseguirei a denunciantes nin destruir probas a martillazos”.

Desculpas ás mulleres

O líder dos socialistas tamén dirixiuse ás “mulleres deste país” para pedir desculpas polo contido machista das escoitas do informe da UCO. “A falta de exempleridade, zafiedade e machismo son absolutamente incompatibles cos valores feministas do partido e coa nosa identidad. Nos repugnan, apena e nos indigna”.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS